José Fernando Lousada Arochena
Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
10.15 – 11.30
MESA 1: A VIOLENCIA E O ACOSO NO MUNDO DO TRABALLO
Relator: Evolución do concepto do acoso ao concepto en xeral da violencia no traballo
Avogado fiscal en situación de excedencia, graduado social e diplomado en Práctica Xurídica, José Fernando Lousada Arochena é maxistrado especialista do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e profesor asociado de Dereito Procesal Civil e Penal na Universidade da Coruña.
Doutor en Dereito con premio extraordinario pola tese “O principio de igualdade de mulleres e homes: especialmente en Dereito do Traballo e da Seguridade Social”, é autor de numerosos libros, pero tamén participou en outros exemplares colectivos e en artigos de revistas especializadas en igualdade de xénero, dereitos fundamentais no traballo, normativa comunitaria, independencia xudicial e persecución por motivos de xénero.
Gañador de varios premios de investigación xurídica, como o da Xunta de Galicia e o do Consello Xeral do Poder Xudicial de 1997, o Martínez Emperador 2012, o Julio Portela Ceballos 2015 ou premio Lola Martínez da Aula de Igualdade e Xénero da Universidade de Castela a Mancha no ano 2021, participou na elaboración do anteproxecto da Lei orgánica de Igualdade de Galicia, así como noutras modificacións.
Mantén unha estreita colaboración desde 2011 coa Comisión de Igualdade do Consello Xeral do Poder Xudicial e desde 2016 coa Comisión de Protección Social da Carreira Xudicial.
inscríbete