Jorge García Marín

Jorge García

Jorge García Marín

Profesor de socioloxía especializado en xénero e secretario do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da Universidade de Santiago de Compostela


18.00 – 18.30

CANDO SE BORRARÁ A FENDA SALARIAL?

Relator

Membro do equipo fundador do Centro de Investigacións e Estudos Feministas Interdisciplinares de Xénero (CIFEX), aprobado o 30 de xaneiro de 2006 pola Universidade de Santiago de Compostela, Jorge García Marín foi o primeiro secretario desta entidade. Na actualidade é coordinador do primeiro máster de Educación, Xénero e Igualdade, membro fundador e coordinador do Seminario Permanente do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) “Novas Masculinidades e Cambio Social” e coordinador do “Club de Masculinidades Disidentes”. 

Leva case 30 anos exercendo como docente no departamento de Socioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, realizando diferentes estadías de investigación e docencia noutras universidades como profesor visitante, entre elas na Universidade de Toluca (UAEM-México), na Universidade Nacional de Rosario (Arxentina), na Universidade Federal de Bahía (Brasil), na Universidade Estatal do Suroeste de Bahía (Brasil), na Universidade Indira Gandhi (India), na Universidade de Cabo Verde ou na Universidade de Nagoya (Xapón).

 

inscríbete