Antía Sández Callejo
Presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais
16.30 – 17.30
MESA 3: NEGOCIACIÓN COLECTIVA COMO MECANISMO DE RUPTURA DA INFRARREPRESENTACIÓN FEMININA E A FENDA SALARIAL – MESA REDONDA CON AXENTES SOCIAIS
Moderadora
Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, Antía Sández Callejo é presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais e da Comisión Tripartita Galega para a Inaplicación de Convenios Colectivos. Membro do Corpo Superior de Inspectores de Traballo e Seguridade Social do Ministerio de Traballo e Economía Social, tamén exerce como directora da Revista Galega de Dereito Social.
Desenvolveu a súa carreira profesional integramente no eido das administracións públicas competentes en material laboral e de seguridade social, con especial énfase nos aspectos vinculados á negociación colectiva, o dereito de folga, os mecanismos extraduxidiciais de solución de conflitos de traballo, os expedientes colectivos por crises de empresa (EREs, ERTEs, modificación de condicións laborais, etc.), a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes e as cuestións laborais e de seguridade social das persoas traballadoras do mar, entre outras. Así mesmo, participou como relatora, organizadora ou directora en numerosas xornadas, cursos e debates relacionados coas citadas áreas.
inscríbete